O Ciclo Mestre Mateo chega a outros cinco concellos da provincia coa proxección da película “Malencolía”

As sesións terán lugar este sábado en espazos culturais de  Poio, Forcarei, Redondela, Cambados e Ponteareas

22/10/2022

O Ciclo Mestre Mateo, que promoven conxuntamente a Academia Galega do Audiovisual e a Deputación de Pontevedra, celebrará este sábado día 22 tódalas  proxeccións da súa sexta sesión coa presentación nos concellos de Poio, Forcarei, Redondela e Cambados da película “Malencolía”, galardoada nos XX Premios Mestre Mateo nas categorías de mellor interpretación feminina e masculina de reparto nas que Iolanda Muiños e Diego Anido conseguiron sendos recoñecementos. Por outra banda, este filme tamén optaba a outros premios como mellor longametraxe, mellor dirección, mellor dirección de fotografía ou mellor interpretación feminina protagonista entre outros.

A proxección de “Malencolía”  terá lugar ás 18:00h no Multiusos de Soutelo de Montes en Forcarei, ás 19:30h no Multiusos da Xunqueira de Redondela e ás 20:00h no Centro Cultural Xaime Illa Couto de Poio, no Auditorio Municipal da Xuventude de Cambados e na Sala Multiusos do Auditorio Municipal de Ponteareas.

“Malencolía”, dirixida por Alfonso Zarauza e producida por Maruxiña Film Company e TVG é un “thiller” que conta a historia dunha parella (Sira e Pepe) que volta a Galicia tras moitos anos emigrados en Berlín. Atopan por internet unha casiña na aldea abandonada de Lupián, na provincia de Ourense, e deciden deixalo todo en Alemaña para iniciar unha nova vida alí. Nesta aldea descobren con sorpresa que a única casa con vida está habitada por unha peculiar señora chamada Isolina, ca que vivirán unha estraña relación.

Este ciclo, que busca dotar ós concellos da provincia dunha programación estable de cinema en galego, leva exhibindo o resto das películas premiadas e finalistas dos Mestre Mateo 2022, polo que amais de “Malencolía” aínda quedan por proxectarse: “Tres”, a galardoada como mellor longametraxe, e outra das  finalistas ,“Jacinto” .

 

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 17 resultados.