Luis López anuncia o investimento de case 440.000 euros para ampliar a estrada EP-7102 entre Serrapio e Portela en Cerdedo-Cotobade

O presidente da Deputación de Pontevedra presentou, no local social da parroquia de Quireza, o proxecto de mellora da estrada provincial acompañado polo alcalde, Jorge Cubela, e a deputada provincial de Infraestruturas, Isabel Couselo

11/11/2023

Dia munidal del Enoturismo

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, anunciou este sábado un investimento de preto de 440.000 euros para mellorar a seguridade viaria na estrada provincial EP-7102 entre os núcleos de Serrapio e Portela durante unha visita ao concello de Cerdedo-Cotobade. Foi nunha presentación no local social da parroquia de Quireza na que estivo acompañado polo alcalde, Jorge Cubela, e pola deputada provincial responsable de Infraestruturas, Isabel Couselo.

A intervención, que, entre outros, consistirá nun ensanchamento dun treito de 1.200 metros, suporá un investimento de preto de 440.000 euros que achega a Deputación a través de fondos propios, mentres que o Concello asume os gastos de expropiación dos terreos necesarios para acometer a reforma, que ascenden a 1.150 euros. O prazo de execución é de seis meses.

Na actualidade, este treito de estrada presenta un ancho insuficiente, duns 4,5 metros, carece de beiravías e presenta curvas perigosas. Coa reforma, poñerase solución a estes problemas ao anchear a estrada, que pasará a ter 7 metros, da implantación de dous carrís de circulación, un para cada sentido, da construción de beiravías en ambas as marxes, corrixindo o trazado das curvas, renovando a capa de rodaxe, construíndo muros de contención e cunetas para drenaxe da chuvia e, finalmente, colocando unha nova sinalización horizontal e vertical.

Na súa intervención, o titular do Goberno provincial quixo recoñecer o labor do alcalde e deputado provincial, Jorge Cubela, polo seu traballo, pola súa esixencia para levar adiante iniciativas a prol da veciñanza e pola súa capacidade para poder facer realidade este proxecto, así como para acadar fondos de todas as administracións e fixar poboación. “Este proxecto concorreu con outros proxectos e tivo unha puntuación moi alta que lle permitiu acadar a subvención”, explicou.

López, ademais, lembrou a aprobación dos novos rzamentos provinciais do ano 2024: 189,2 millóns de euros, os máis altos da historia da Deputación, que destinan un de cada tres euros a apoiar directamente os concellos, ademais de materializar a creación do Servizo de Xuventude e Reto Demográfico.

Galerias de imagenes