O vicepresidente Rafa Domínguez asiste á graduación do alumnado de Publicidade e Relacións Públicas

07/06/2024

Graduación do alumnado de Publicidade e Relacións Públicas

 

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, asistiu este venres ao acto de graduación da XVII promoción do Grao de Publicidade e Relacións Públicas da Facultade de Comunicación da Universidade de Vigo. O acto tivo lugar no Pazo da Cultura de Pontevedra, onde os 80 novos titulados tiveron aos profesores Vicente Badenes e Beatriz Martínez como padriño e madriña da súa promoción.