Areeiro aconsella renovar o tratamento contra o mildio larvado pola inestabilidade meteorolóxica

A Estación Fitopatolóxica aconsella renovar os tratamentos do mildio larvado, debido as condicións meteorolóxicas previstas para os vindeiros días

15/07/2022

Mildio larvado

A Estación Fitopatolóxica de Areeiro da Deputación de Pontevedra vén de lanzar un novo aviso fitosanitario no que aconsella renovar os tratamentos fronte ao mildio larvado, xa que trala revisión das viñas observouse que debido as altas temperaturas e a humidade ocasionada polas incipientes treboadas na última xornada, son favorables as condicións para a infección desde patóxeno. En caso de existires unha recente aplicación de antimildio, recomendase facer o tratamento inmediatamente despois das choivas.

O aviso tamén sinala que, no caso do oídio,  non proliferou a pesares das condicións meteorolóxicas favorables, por iso, convén facer revisións e renovar o tratamento si é necesario. O persoal da EFA tralas súas revisións da vide, tamén indica que non existen novos avances no caso do patóxeno Black rot, pero compre extremar a vixilancia en viñas onde xa ten habido danos previos na uva. Areeiro tamén remarca manter o control sobre as avelaíñas do acio e as plantas que poidan sufrir enfermidades de madeira, xa que a cifra aumentou como era de esperar. Pola contra, no caso dos cicadélicos,  observáronse un maior numero de adultos e ninfas de mosquito verde, pero as cifras aínda están moi lonxe dos limiares de tratamento.

Por outra banda, o aviso tamén se refire á bolboreta do buxo,  que se atopa en diferentes niveis de incidencia. Tralas chamadas de diversas persoas alertando da presenza desta praga, compre revisar cal é a situación para tratar de inmediato ou non as plantas.

Do mesmo xeito o centro dependente da Deputación alerta da importancia de retirar os froitos da nogueira caídos prematuramente para evitar que as larvas de mosca da casca verde da noz se enterren e sigan medrando.

Mostrando el intervalo 1 - 3 de 24 resultados.