A vicepresidenta Luisa Sánchez participa no arranque do 50º Gran Premio Ciclista Cidade de Vigo

17/08/2024

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou esta tarde no arranque do 50º Gran Premio Ciclista Cidade de Vigo que comezou esta tarde coa proba de circuíto urbano na rúa da Pedra Seixa, en Navia coa presenza de deportistas das categorías Elite-sub/23, junior, cadete, féminas e escolas. A vicepresidenta provincial foi a encargada, xunto con outras autoridades, de cortar a cinta inaugural da proba, que continuará mañá coa crono-escalada dende a Praza do Rei ata o Monte do Castro.

Galerias de imagenes