A Deputación completa as actuacións de mellora realizadas no campo de fútbol de Príncipe Felipe coa apertura dos vestiarios

A institución provincial investiu na mellora do campo de fútbol de Príncipe Felipe un total de 140.000 euros: 60.000 para a renovación dos vestiarios e 80.000 para a iluminación

17/09/2024

A Deputación de Pontevedra acaba de completar as actuacións de mellora realizadas no campo de fútbol de Príncipe Felipe coa apertura, desde esta mesma tarde, dos vestiarios. Nesta infraestrutura deportiva, a institución provincial investiu máis de 140.000 euros que permitiron, ademais de renovar os vestiarios (60.000 euros), mellorar o alumeado (80.000 euros).

A Deputación investiu preto de 60.000 euros para emendar as filtracións de auga que se producían a través da cuberta dos vestiarios tres 8 anos sen mantemento. Deste xeito levouse a cabo unha remodelación do conxunto dos vestiarios, que constan dun soportal e vestíbulo que serve de acceso a unha serie de módulos prefabricados. Co fin de solucionar a entrada de auga, optouse por impermeabilizar a cuberta e por recoller as augas en caleiros pregados de aceiro e baixantes exteriores. Ademais, na soleira proxectouse unha calexa corrida de saneamento á que se verterán as augas da cuberta e se conectará á rede de saneamento do campo.

No caso do alumeado, cun investimento de preto de 80.000 euros, as obras remataron este verán e contemplaron a substitución da iluminación existente por uns proxectores máis eficientes, que reducirán o consumo enerxético nun 50% e conseguirán unha iluminación adecuada que asegure a correcta visualización do campo de xogo. Ademais, este novo sistema de iluminación cumpre cos requisitos esixidos na normativa aplicable.