A Deputación de Pontevedra revalida o seu apoio ao Revenidas, o broche de ouro dos Rías Baixas Fest

05/09/2024

A deputada de Turismo, Nava Castro, participou esta mañá na presentación do festival Revenidas, un dos Rías Baixas Fest que terá lugar entre o 12 e o 15 de setembro en Vilaxoán (Vilagarcía de Arousa). Castro enxalzou a ampla programación cultural e a oferta de festivais musicais da provincia de Pontevedra, destacando a importancia deste festival, o broche de ouro dos Rías Baixas Fest, “que se ten convertido por méritos propios nunha auténtica experiencia 100% Rías Baixas”.  Neste eido a deputada recordou que o festival Revenidas, “a mellor forma de despedirnos do verán”, trátase “dunha oferta de gran relevancia e atractivo, con boa música, a través dos preto de corenta grandes grupos; con cultura mariñeira, tan ben representada nun lugar como este, como Vilaxoan; e coa sardiñada popular que da nome e sentido a este festival”.