Axenda de actividades provinciais
Mostra Ilustrando Rías Baixas
Esta mostra pon en relación diferentes artistas que debuxan, pintan e crean sobre a nosa provincia, sobre o incrible paraíso no que vivimos: ilustran As Rías Baixas. Un amplo abano de estilos e técnicas, de formas de representar, dun compendio de artistas multixeracional que nos farán percorrer sendas e bosques, trazar rutas por cidades, vilas e aldeas, namorar dos solpores máis sublimes, admirar espazos patrimoniais e sentir lugares e persoas que son tan especiais coma senlleiros.
Información
Inauguración: mércores 22 de xuño ás 19:00 horas
Coa acción artística "Pincel e voz para unha illa portátil" de Andrea Jano e Silvia Penas
Confirmación de asistencia en participa.cultura@depo.es