#IGUALDADE
Programa "Fiando redes"
Fomentar o asociacionismo feminino e o empoderamento das mulleres
O programa "Fiando redes" ten por obxecto fomentar o asociacionismo feminino e o empoderamento das mulleres, e así favorecer a súa socialización con outras do seu contorno, a creación de redes e o intercambio de experiencias e sinerxías onde estas manifesten as súas inquedanzas e preocupacións.
A través deste programa impulsarase a súa participación social e cultural e visibilizarase o traballo e o papel das profesionais que participan no programa.
Este programa vai destinado a asociacións de mulleres e outras asociacións, federacións e fundacións sen fins de lucro da provincia de Pontevedra que teñan como obxectivo prioritario e ámbito de actuación a promoción da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.
A Deputación de Pontevedra ofertará dentro deste programa actividades de temática inclusiva e con perspectiva de xénero enmarcadas en cinco bloques: encontro con escritoras, acción escénica, música, mural e faladoiros.
As entidades interesadas deberán solicitar, como máximo, cinco actividades por orde de prioridade entre as distintas indicadas no anexo I das bases reguladoras da convocatoria, e a cada unha concederáselle unha soa actividade en función da dispoñibilidade e a orde de petición.
- Bases (BOPPO 16/11/2021)
- Extractos das bases (BOPPO 16/11/2021)
- Tramitación en sede.depo.gal