Axenda de actividades provinciais
Mostra Follas de Herba de J.C. Vilar
Desde
2024-03-22 00:00:00.0
ata
2024-04-07 23:59:00.0
Palacete das Mendoza. Pontevedra
Na mostra o artista presenta un “eloxio á sinxeleza” baseado no libro de poemas homónimo publicado en 1855 polo poeta Walt Whitman (Leaves of Grass).
Vilar trata de buscar a fermosura na sinxeleza, desde un paxaro cazado polo seu gato ata as vellas portas descoloridas polo sol e o paso dos anos, pasando por unha billa de paso de auga a personaxes da rúa anónimos.
Información
De luns a venres, de 9 a 20 horas; sábados e festivos, de 10 a 14 e de 16 a 19 horas; e domingos, de 10 a 14 horas