17 MAIO
2003
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
![Avilés de Taramancos](/documents/37861/4006440/aviles_de_taramancos.png/ccc8855d-beca-1984-f128-f926143b0f31?t=1682061124734)
“Na outra banda do mar constrúen o navío:
o martelar dos calafates resoa na mañá, e non saben
que están a construír a torre de cristal da miña infancia.
Non saben que cada peza, cada caderna maxistral
é unha peza do meu ser. Non saben
que no interior da quilla está a médula mesma
da miña espiña dorsal; que no galipote a quencer
está o perfume máxico da vida.
Que cando no remate ergan a vela, e a enxarcia
tremole vagarosamente no ar
será o meu corazón quen sinta o vento,
será o meu corazón.”
As torres no ar (1989)
Avilés de Taramancos
(Boa, Noia, 1935 – A Coruña, 1992)
Foi un poeta, tradutor e político galego. Estudou Náutica na Coruña e alí tomou contacto coa intelectualidade da época. Comezou publicando un poema na revista Tapal. En 1961 emigrou a Colombia, onde desempeñou varios oficios; en 1980, cando regresou, montou unha taberna, desenvolveu un intenso labor de dinamización cultural e seguiu colaborando cos seus escritos en diferentes medios. Nas eleccións de 1987 foi elixido concelleiro de Cultura de Noia.
GRANDES ÉXITOS
1985
![Cantos caucanos](/documents/37861/4006440/aviles_de_taramancos_cantos_caucanos.png/89cde314-9e22-f971-c1ce-42646f954ed5?t=1682061125510)
Foi un poeta, tradutor e político galego. Estudou Náutica na Coruña e alí tomou contacto coa intelectualidade da época. Comezou publicando un poema na revista Tapal. En 1961 emigrou a Colombia, onde desempeñou varios oficios; en 1980, cando regresou, montou unha taberna, desenvolveu un intenso labor de dinamización cultural e seguiu colaborando cos seus escritos en diferentes medios. Nas eleccións de 1987 foi elixido concelleiro de Cultura de Noia.
As torres no ar (1989) é un libro de poemas que xira en torno á infancia do autor e á lembranza dese paraíso perdido, a terra e o mar onde foi neno e a súa nai lle dicía que “andaba a facer torres no ar”.
![As torres no ar](/documents/37861/4006440/aviles_de_taramancos_as_torres_no_ar.png/d88d52f1-525e-f402-e779-8b5004b5c171?t=1682061125063)
1989
1989
![Cantos caucanos](/documents/37861/4006440/aviles_de_taramancos_ultima_fuxida.png/a73a5d01-c511-b3c6-00e2-b485bb968e5d?t=1682061125923)
Última fuxida a Harar (1989), publicada despois do seu falecemento, supón o seu testamento poético. A referencia a Rimbaud xa no título anticipa un descenso aos infernos do poeta.
“Un día calquera comezou a tecer a súa lenda de emigrante. Como tal, viviu azares e aventuras, que el mesmo expuxo na carta que lle escribiu a García Bodaño: contrabandista no altiplano de Colombia, traficante de cabezas reducidas, afiador, labrego, cazador de pumas…”
Historia da literatura galega (1984), Francisco Fernández del Riego