17 MAIO
2007
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
![María Mariño](/documents/37861/4026129/maria_marino_carou.png/071a0ef2-05a7-ab86-1569-0bb2cc81f2a6?t=1682326784401)
“Pica o canteiro pedra,
a que onte foi tecida
na erguida voz do poeta
pra verba da cantiga.
Recende a terra a Virxen.
Entre o sol vén vindo o vento.
A comida vai chegando,
a boroa sabe a trigo.
Espáiase en paz o tempo
Farto!”
“Pica o canteiro pedra”, Palabra no tempo ( 1963)
María Mariño
(Noia, 1907 – Seoane do Courel, 1967)
Foi unha escritora e poeta galega que publicou en galego e castelán. Viviu en varias vilas galegas e do País Vasco ata chegar a Parada, en Seoane do Courel, onde pasou gran parte da súa vida. A súa creación en galego recóllese en dúas obras que se caracterizan por un estilo intimista e autodidacta moi influenciado pola natureza que a rodeaba no Courel.
GRANDES ÉXITOS
1963
![Palabra no tempo](/documents/37861/4026129/maria_marino_carou_palabra_no_tempo.png/82f40ff6-73ec-77e9-c479-23edfce923fb?t=1682326784805)
Palabra no tempo (1963) é unha obra de cadencia intimista e poesías vinculadas á terra e á súa existencia. No eido lingüístico rompe as estruturas do idioma e establece novas relacións semánticas.
Verba que comenza (1990) é unha obra conformada por vinte e sete poemas publicados de maneira póstuma. Esta edición promovérona Uxío Novoneyra e Avilés de Taramancos, e nela podemos atopar os escritos dunha María Mariño na etapa final da súa vida.
![Verba que comenza](/documents/37861/4026129/maria_marino_carou_verba_que_comeza.png/86732fc6-ce55-0264-d72c-e2c2fda6d13c?t=1682326785163)
1990
Outras obras
O conxunto da súa poesía recolleuse no libro Obra completa (1994)
“Deuse a coñecer co libro Palabras no tempo, de feitío en certo xeito revolucionario, sobre todo polos seus recursos expresivos”.
Historia da literatura galega (1984), Francisco Fernández del Riego