17 MAIO
1990
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
![Luis Pimentel](/documents/37861/3842785/luis_pimentel.png/d0453b41-3776-4ad1-07fc-15916e53c471?t=1679990782826)
“De sutaque sorprendín a mañá
entrando na vila,
cantando da mao da fina chuvia.
Cos pes espidos e mollados
viña dos camiños verdes, profundo.
Dedos de vento transparentes, baleiros,
en bruñidas bandexas.
Skerzo da zoca na acera.
Leda canción.
E debaixo do mantel de liño fresco
a muller do obreiro leva as doce campanadas.
(...)”
Sombra do aire na herba (1959)
Luis Pimentel
(Lugo, 1895 – 1958)
Foi un poeta e médico galego. Estudou Medicina en Santiago de Compostela e doutorouse en Madrid, onde trabou amizade cos membros da xeración do 27. De volta en Lugo acadou a praza no hospital municipal e comezou a colaborar cos seus poemas en diversas publicacións coma Ronsel, Nós ou El Progreso. A súa poesía mestura o simbolismo e a influencia dos movementos de vangarda co realismo, coa sinxeleza do cotiá e, chegado o momento, coa carraxe provocada pola inxustiza.
GRANDES ÉXITOS
1950
![Triscos](/documents/37861/3842785/luis_pimentel_triscos.png/2bcd2978-4304-1f8b-60a5-2626d4614a86?t=1679990784144)
Triscos (1950) é o único poemario que publicou en vida e fíxoo en Pontevedra, na Colección Benito Soto.
Sombra do aire na herba (1959) é un poemario que aparece ao ano seguinte do seu falecemento e que recolle parte da súa obra poética en galego. Publicouno a Editorial Galaxia e incluía os oito poemas de Triscos.
![Sombra do aire na herba](/documents/37861/3842785/luis_pimentel_sombra_do_aire_na_herba.png/d3463689-5fea-afa2-dae8-f6a16cd55908?t=1679990783706)
1959
1981
![Triscos](/documents/37861/3842785/luis_pimentel_poesia_enteira.png/ae783a03-c822-e8e4-db14-e5c4951c2407?t=1679990783309)
Poesía enteira (1981), publicado por Edicións Xerais, é unha escolma que recupera novos textos do autor, entre eles “Cunetas”, que denuncia o horror da guerra.
“Gostaba moito da música e apasionábao Debussy. Pensaba que compría facer un ballet galego a base de música e danzas populares, matinando para eso en futuras hipotéticas escenografías dalgún pintor noso.”
Historia da literatura (1984), Francisco Fernández del Riego