![](/documents/37861/3383340/letras-galegas-st.jpg/dd026f67-c171-5d7a-2da7-9b77cb74172b?t=1713521389930)
#LetrasGalegas2024
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
FICHAS DIDÁCTICAS
O primeiro Día das Letras Galegas, o 17 de maio de 1963, conmemoraba os cen anos do día en que Rosalía de Castro levaba á imprenta de Juan Compañel a súa obra Cantares gallegos.
Desde entón, ano tras ano, a cultura galega homenaxea, coa a perspectiva dos dez anos cumpridos do seu pasamento, unha figura destacada polo seu compromiso coa lingua galega na súa obra e pola súa exemplaridade na vida. Este 17 de maio de 2024 chegamos a sesenta e tres personalidades distinguidas con este Día das Letras Galegas. Velaquí tedes as fichas didácticas preparadas para coñecelas ou achegarse de novo a todas elas.