Luisa Sánchez remarca a aposta da Deputación pola Bienal Internacional de Cartelismo-Concurso Francisco Mantecón, coa que colabora por primeira vez cunha aportación económica de 9.000 €

23/05/2024

xurado da XVI Bienal Internacional de Cartelismo

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou esta mañá na conferencia de prensa organizada na xornada na que o xurado da XVI Bienal Internacional de Cartelismo –Concurso Francisco Mantecón está a seleccionar os carteis gañadores entre as preto de 1.300 propostas enviadas desde 70 países do mundo. Trátase da primeira vez que o organismo provincial colabora con esta iniciativa, tal e como destacou Luisa Sánchez, á que a Deputación achegará unha aportación económica de 9.000 euros. “Trátase de poñer en valor o talento, a creatividade e o poder da publicidade”, subliñou a vicepresidenta, quen tamén enxalzou o enorme éxito da convocatoria e a elevada calidade das propostas presentadas.