Os deputados provinciais Javier Tourís e Sandra Bastos visitan as instalacións da Fundación Lar en Vilagarcía de Arousa

24/07/2024

O deputado de Acción Comunitaria, Equipamentos Públicos e da Finca Areeiro, Javier Tourís, e a deputada de Benestar Social e Igualdade, Sandra Bastos, acaban de visitar as instalacións da Fundación Lar en Vilagarcía de Arousa. Na visita, os deputados provinciais confirmaron á entidade que “estamos buscando as alternativas e vías de colaboración para axudar á Fundación para que poida seguir impulsando o grande traballo que realiza, que é espectacular, atendendo a máis de 65 persoas nas súas diferentes instalacións”. Neste eido, Tourís e Bastos coincidiron en que “a Deputación quere estar aí, axudando nesta gran labor social que realiza Lar, de tanta importancia para a provincia de Pontevedra”.