Rafa Domínguez será o encargado de realizar a ofrenda á Virxe Peregrina este domingo

O vicepresidente toma o relevo do presidente provincial, Luis López, quen tivo a mesma encomenda o pasado ano

09/08/2024

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, será o encargado de realizar a ofrenda institucional á patroa da provincia, a Virxe Peregrina, este domingo 11 de agosto ás 12:00 horas no Santuario da Virxe Peregrina, no segundo día das festas. Toma desta maneira o relevo do presidente provincial, Luis López, que tivo a mesma encomenda o pasado ano.

Na ofrenda, que terá lugar durante a misa oficiada polo arcebispo de Santiago de Compostela, Francisco José Prieto, estarán tamén presentes o presidente da Deputación, así como outros membros da corporación provincial.

Xa pola tarde, a partir das 21:00 horas, a corporación municipal, entre eles o presidente e os dous vicepresidentes, Rafa Domínguez e Luisa Sánchez, asistirán á procesión, que sairá do Santuario da Virxe Peregrina e percorrerá diversas calles da cidade para recollerse, finalmente, no lugar de orixe.