O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, na inauguración do Congreso Flúor

30/05/2024

Rafa Domínguez na inauguración do Congreso Flúor

O vicepresidente da Deputación, Rafa Domínguez, acaba de participar na inauguración do Congreso Flúor, no que o publicista Lluis Bassat encargouse de pronunciar a conferencia de apertura. Neste congreso, que acolle ata este venres a cidade de Pontevedra, están a participar os maiores expertos en negocio dixital, publicidade dixital, branding e social media para afondar no presente e no futuro do márketing.