Luis López asiste ao histórico partido entre o Real Madrid e o AS Mónaco de baloncesto no Pavillón Municipal de Pontevedra

11/09/2024

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, acompañado polo vicepresidente Rafa Domínguez, asistiu este mércores no Pavillón Municipal dos Deportes de Pontevedra ao partido amigable de baloncesto entre o Real Madrid e o AS Mónaco. Un encontro enmarcado nos actos previos á celebración do torneo Encestarrías, que terá lugar a vindeira fin de semana na cidade do Lérez.

A Deputación colabora na organización deste histórico partido amigable —o Real Madrid non visitaba a provincia desde o ano 1989— así como do campionato EncestarRías —no que participan os mellores equipos de Galicia, así como outros da elite nacional e europea como o Valencia Basket ou o AS Mónaco— como mostra do compromiso do goberno provincial de organizar no territorio pontevedrés eventos deportivos de alcance internacional.

Galerias de imagenes