A vicepresidenta Luisa Sánchez participa na presentación da oitava edición do Cross Cabo Udra

02/10/2024

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu esta mañá á presentación da oitava edición do Cross Cabo Udra, que terá lugar a vindeira fin de semana no Concello de Bueu. A proba disputarase pola contorna do cabo, con Chans de Esqueiros como base, e é herdeira do antigo Cross de Beluso. Sánchez aproveitou a ocasión para amosar o compromiso da Deputación co deporte e agradeceu á organización a posta en marcha desta proba “que nos axuda a seguir avanzando para posicionar a provincia de Pontevedra como un gran estadio natural”.

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 4 resultados.