Luis López asiste á gran final do primeiro A1 Pádel Galicia Open, que converteu a Pontevedra na capital internacional do padel ao longo de toda a semana

30/06/2024

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, acompañado pola vicepresidenta Luisa Sánchez, asistiu á gran final e participou nos actos de clausura da primeira edición do A1 Pádel Galicia Open que tivo lugar esta tarde de domingo no Pavillón Municipal dos Deportes de Pontevedra, que se converteu ao longo de toda a semana nun verdadeiro e repleto estadio de pádel.

Coa organización na capital e no conxunto da provincia de eventos coma este, o mandatario provincial amosa a aposta decidida e estratéxica da Deputación pola organización de eventos deportivos de interese xeral que consoliden á provincia como destino turístico ligado ao deporte e dinamicen a economía local e as visitas en épocas de tempada baixa.