A vicepresidenta Luisa Sánchez participa no I Festival de Música Val do Fragoso

22/06/2024

I Festival de Música Val do Fragoso

 

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu esta tarde ao I Festival de Música organizado pola Asociación Val do Fragoso no que se deron cita corais de Vigo e Pontevedra, como “Maximo Gorki”, “Val do Fragoso” e “O Chopo” e bandas de música da cidade como a “Unión musical de Coruxo” e a “Banda escola de música de Beade”. Sánchez felicitou á Asociación Val do Fragoso polo “seu dinamismo e capacidade organizativa” e felicitou ás corais e bandas participantes, así como animou á entidade “a seguir impulsando iniciativas como esta que constrúen provincia e contribúen a achegar a música e democratizar estes movementos culturais por todos os recunchos da cidade”.