A Deputación destina 165.000 euros a que 14 entidades de 9 concellos da provincia poidan organizar festivais musicais e de artes escénicas

Recibirán achegas de entre 5.000 e 20.0000 euros para a realización de festivais de teatro, música de diferentes estilos, monicreques ou poesía, entre outros

12/07/2024

Xunta de Goberno do 12 de xullo

14 entidades sen animo de lucro de nove concellos da provincia (A Estrada, Cangas, Mos, Ponteareas, Redondela, Salvaterra de Miño, Tui, Vigo e Vila de Cruces) poderán organizar este ano festivais musicais e de artes escénicas grazas a un total de 165.000 euros en achegas que a Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de aprobar. En concreto, recibirán axudas de entre 5.000 e 20.0000 euros para realizar festivais de teatro, música de diferentes estilos (metal, tradicional, rock, clásica, etc.), monicreques ou poesía, entre outros. "Continuamos desta maneira achegando a cultura a todos os recunchos da provincia que, como xa sabedes, é unha das nosas prioridades”, explicou o vicepresidente provincial, Rafa Domínguez.

Máis polo miúdo, o festival As Nosas Músicas 2024, na Estrada, recibirá 4.854 €; o XXXI Revoltallo de Música e Cultura Emerxente, en Vigo, recibirá 6.149 €; o Festival O Son do Pazo 2024, en Mos, 7.201 €; o 36ª Festival de Poesía no Condado, en Salvaterra de Miño, 9.224 €; o Festival Rock in Río Tea 2024, en Ponteareas, 10.438 €; o XIII Kanekas Metal Fest 2024, en Cangas, 10.842 €; o Festival Sementeira e Música, en Salvaterra de Miño, 11.500 €; The Wild Fest 2024 Edición, en Vigo, 12.299 €; o XVII Festival Alternativo Millo Verde, en Redondela, 12.299 €; o FIP Merzapercusión 2024, en Vila de Cruces; 12.544 €; o Festival Vertixe 12, en Vigo, 13.917 €; o 12º IKFEM Festival Tui-Valença, en Tui, 15.859 €; a 41 Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas, en Cangas, 18.772 €, e o XXV Festival Internacional de Títeres de Redondela, Memorial Juanjo Amoedo 2024, en Redondela, recibirá 19.096 €.

 

audios