A vicepresidenta Luisa Sánchez asiste ao acto de entrega dos III Premios Alumni da Universidade de Vigo

18/07/2024

Entrega dos III Premios Alumni da Universidade de Vigo

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu esta tarde ao acto de entrega dos III Premios Alumni da Universidade de Vigo. Sobre a comunidade Alumni da Universidade de Vigo, destacou que "é unha iniciativa fertilizadora, un extraordinario foco de visibilidade e un valiosísimo aval polo reflexo de carreiras e éxitos profesionais, así como brillantes currículos e excelentes traxectorias. Máis de 1.600 persoas que fan marca, crean reputación e constitúen, en definitiva, o maior e mellor corpo diplomática repartido polo mundo que poida ter unha universidade".