#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuito de apoyo a la programación de artes escénicas en gallego

Catálogo de Espectaculos

TARABELA CREATIVA: A TARABELA DOS CONTOS (Os sete aventurados)

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirigido a : INFANTIL-FAMILIAR

  • Duración del espectaculo: 50 MINUTOS

  • Persona representante : TARABELA CREATIVA

  • Datos de contacto : 654 363 031 - INFO@TARABELACREATIVA.COM

  • Página web del grupo : WWW.TARABELACREATIVA.COM

  • Sinopsis de la compañia :

    Tarabela Creativa é unha compañía asentada en Lugo e fundada por Diego Gallego e por Carmen Conde que reúne sendas traxectorias profesionais en distintos ámbitos: Diego, procedente do mundo da produción e da xestión comercial; Carmen, guionista, narradora e dramaturga. Perseguen dúas vocacións: a primeira, contar historias a través das artes escénicas e do audiovisual... A segunda, un fundamental labor de plantar a semente dos futuros contadores e contadoras en diverso formato a través da formación. Baixo o seu selo teñen escrito e producido varios espectáculos de narración oral para público adulto e infantil, con grande presencia tanto en teatros e auditorios de Galicia, coma en festivais de diverso corte: “Elas Son Artistas”, “Agrocuir”, “Deperto”, “A boca chea”, "Sete falares", "Oikonomos", “Festival Escena Muller”... A base de todo o traballo de Tarabela Creativa fundaméntase nas recollidas, que despois supoñen un arquivo e un repositorio dos que parten toda a escrita e a posta en escena. Crearon a miniserie web “Premios Darwin”, así como a serie dixital sobre a historia da música en Galicia "Quéreme soar!" para a Secretaría Xeral de Política Lingüística. Así mesmo, ocupáronse da direcciónartística, guión e presentación dos IX Premios Martín Códax da Música Galega. Teñen como eixos fundamentais a ruralidade, o silenciado e as disidencias.Deste xeito, Tarabela Creativa completa a súa filosofía de achegar relatos que, tendo a súa orixe no común e corrente, alcanzan altas cotas de extraordinario.

  • Sinopsis del espectaculo:

    É ben sabido que unha tarabela é un mecanismo movido polo vento para espantar ás aves co ruído que fai ao xirar.  Pero a tarabela que nós construimos con tanto cariño é moi especial. Porque os paxaros non só non lle tiveron medo, senón que decidiron aniñar nas súas aspas e convertela no seu fogar. Sete aves en total.  Toda a rapazada deberá soprar a un tempo para facer xirar a tarabela e, segundo en que aspa pare, tocará conto, adiviñanza ou baile. Os contos que traemos son sobre o que levamos visto aló por onde voamos! Dos máis variados asuntos! Escritos por Carmen Conde. Os bailes serán coreografías que imitan as nosas, as dos paxaros! Así a cativada podera rir mentres aprende uns pasos!. As adiviñanzas poñerán a matinar ao noso público e a axilizar a mente coa resposta máis rápida e acertada!. Os efectos sonoros farán que recoñezan o noso canto e queaprendan moitas curiosidades!. Tamén haberá efectos lumínicos. Un espectáculo didáctico, educativo, participativo e moi moi divertido!.

  • Caché con IVA : 726 €

  • Caché + producción técnica con IVA : 726 €

  • Técnica