#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuito de apoyo a la programación de artes escénicas en gallego

Catálogo de Espectaculos

PETER PUNK PALLASO E BRAIS DAS HORTAS: CONCERTO PUNKINFANTIL

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirigido a : XERAL

  • Duración del espectaculo: 60

  • Persona representante : CHARLATANA

  • Datos de contacto : 645 053 589 - charlatana@charlatana.org

  • Página web del grupo : https://charlatana.org/peter-punk-concerto-punk-infantil/

  • Sinopsis de la compañia :

    Brais das Hortas é músico, clown e narrador e leva xa 25 anos nos escenarios. Toca en proxectos coma Blues do País, Sacha na Horta ou o Concerto Punklnfantil (canda Peter Punk Pallaso). Formou parte da banda de Mamá Cabra, de Sons Miúdos (Paco Nogueiras, Magín Blanco, Uxía Senlle, Xoán Curiel, Pablo Díaz...), da Banda Fura Fura (Sés, Bocixa de Zenzar, lco do Sonoro Maxín, Leo i Arremecághona!...) e colaborou con Ataque Escampe, Sofía Espiñeira... e compón bandas sonoras. Como clown, traballa con Peter Punk Pallaso en dous espectáculos (Concerto Punklnfantil e Peter Punk e o Neno lmperdible) ademais de facer espectáculos en solitario. Como narrador forma parte da Tropa de Trapo, con Marta Ortiz, con quen fixo numerosas xiras e campañas escolares (Xira da Fundación Abanca, 6 xiras co Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, Campaña lmpórtanos de Vigo...). Peter Punk é un dos pallasos máis destacados e programados de Galicia. Conta con máis de 1000 funcións en varios países, programacións e espazos. Os seus espectáculos gozan dunha gran acollida entre cativas e adultas. A compañía PETER PUNK PALLASO nace en 2003, e ao longo da súa carreira fo perfilando o seu carácterístico humor fresco, irreverente e orixinal. Visitou diversos países en tres continentes: Portugal, Italia, Argentina, Brasil, Cuba, Polonia, Palestina. E no Estado: Euskadi, Catalunya, Madrid, Ibiza, Salamanca, Chiclana de la Frontera, Islas Canarias, Zamora, Segovia, Badajoz, Navarra, Asturias, Cantabria e outros lugares.

  • Sinopsis del espectaculo:

    Punk para nenas? Por que non?! E logo? Que hai máis punk ca unha nena?  O punk é rebeldía, é pensar por ti mesma. Do it Yourself!! Faino ti ao teu xeito!! Como poidas, como queiras e como che preste! O punk é ir a contracorrente, non ser coma a maioría porque cada unha de nós é diferente. O punk é berrar, rir, facer pis... e tamén escribir as túas propias cancións, facer a túa banda, atopar a túa personalidade. O punk é protestar. Quen non chora, non mama!! Sabemos o que queremos, sabemos o que non queremos e estamos dispostas a chorar, cagar e patexar!! Se non podemos xogar, non é a nosa revolución! Un cantante punk e un cantante infantil condenados a compartir escenario acaban creando un delirio musical chamado "Concerto Punklnfantil". Tras descubrirse e recoñecerse van confluíndo, progresivamente, nun espazo común dando como resultado este espectáculo musical e de clown para todos os públicos, no que está presente o concepto punk máis alá dos aspectos máis superficiais. Vencellado directamente co mundo  infantil e as inquedanzas das cativas e cativos.

  • Caché con IVA : 1500 €

  • Caché + producción técnica con IVA : 2000 €

  • Técnica