#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuito de apoyo a la programación de artes escénicas en gallego

Catálogo de Espectaculos

Viravolta títeres: A regadora do asubiote

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirigido a : Infantil/tosod públicos

  • Duración del espectaculo: 40 min

  • Persona representante :

  • Datos de contacto : 645 137 031 - info@viravolta.es

  • Página web del grupo : https://viravoltatiteres.wordpress.com/espectaculos/a-regadora-do-asubiote/

  • Sinopsis de la compañia :

    Nos anos `80 Anxo García, Pilar Álvarez e Xulio Balado formamos a compañía Viravolta títeres, unha das máis antigas de Galicia. Xunto a outras recoñecidas compañías contribuímos a revitalizar a marioneta na década dos oitenta a través da Asociación de titiriteiros galegos e as accións que desenvolveu (Domingos de furabolos, edicións do festival de titiriteiros galegos...). A nosa variada produción escénica comeza no ano 1982 e mostra as diferentes técnicas e modos deste singular teatro. Temos un repertorio de diversos formatos: animacións de rúa, espectáculos de medio e gran formato, en moitos deles combinamos as marionetas coa música. Nestes anos vimos participando nas programacións estables da AGADIC, noutras da Consellería de Cultura (Ler conta moito, FalaRedes), … así coma en festivais tanto en Galiza como no resto da península (Mostra Xeración Nos, MIT de Ribadavia, FIT de Redondela, Galicreques, Festival de Títeres de Soria, Fira Internacional de Teatro de Titelles de Lleida, Festitíteres de Alicante, Festival de Titiriteros y Trotamundos de Hervás, Mostra de Teatro Cómico e Festivo de Cangas, Festival Parque de las Marionetas Zaragoza, Festival de títeres de Las Merindades…). Formamos parte da Asociación Morreu o Demo para o coñecemento e a recuperación da nosa marioneta popular mediante iniciativas en todas as disciplinas artísticas (representacións dramáticas, exposicións, Titiriberia, publicacións, cafés da memoria, Programa da Barraca a Aula...)e en colaboración con outras institucións para por en valor a Barriga Verde, marioneta popular galega herdeira da tradición europea. Viravolta títeres dirixiu o Museo Galego da Marioneta, proxecto compartido co Concello de Lalín no Pazo de Liñares. Neste emprazamento a compañía desenvolveu unha programación non exclusivamente centrada na marioneta que amplía e complementa o Titirideza e o Titerentroido

  • Sinopsis del espectaculo:

    Esta proposta escénica ten a súa orixe na “oralidade”, tres contos “clásicos populares” relatados en milleiras de ocasións en distintos tempos e espazos, por voces de distintos lugares e de distintas culturas- Unha nena decididamente activa, burlona e inxeniosa e un príncipe bulrón, son o eixo común destres tres contos contos extraídos da cultura universal pero con destacadas versións en galego tanto de Galicia como do Bierzo, e con distintos nomes (A mata de alfabaca, A pastora e o fillo do rei, Flore e Flora, A regadora do asubiote, as fillas do sastre…) a protagonista é unha nena que co seu inxenio pon no seu lugar a un príncipe bulrón e certamente un pouco rancoroso.

  • Caché con IVA : 1452 €

  • Caché + producción técnica con IVA : 1452 €

  • Técnica