#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuito de apoyo a la programación de artes escénicas en gallego

Catálogo de Espectaculos

FRAN REI: SUPERHEROE

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirigido a : todos os públicos

  • Duración del espectaculo: 50 minutos

  • Persona representante : ARTEFEITO PRODUCIONS S. COOP. GALEGA

  • Datos de contacto : 622 434 488 - artefeito@artefeito.gal

  • Página web del grupo : https://www.culturactiva.org/gl/espectaculo/superheroe

  • Sinopsis de la compañia :

    Fran Rei é un nome fundamental do clown en Galicia. Cofundador, pallaso en activo e coordinador da compañía oficial do Festival Internacional de Clown de Galicia (Festiclown), Os Sete Magníficos Máis Un, ten participado con ela nun total de doce espectáculos teatrais desde o ano 2001. En paralelo, ten traballado noutras compañías de teatro galegas, como Bagunça Teatro, Produccións Desaqueloutradas, Acontrabutaca e Culturactiva SCG, e tamén ten experiencia no mundo televisivo. Xunto a Pedro Brandariz, formou as parellas cómicas O Gordo e o Calvo e Os ramistas, que participaron regularmente no programa Luar da TVG entre 2012 e 2016. Na súa formación escénica destacan numerosos cursos de teatro, clown e bufón con algúns dos mellores mestres do panorama internacional, como Good Idea Company, Carlo Colombaioni, Leo Bassi, Eric de Bont, Iván Prado ou Antón Valén. Igualmente, tamén el exerce de profesor, xa que traballa como monitor de dramatización, dirixe varias aulas de formación teatral desde 2001 e desenvolve regularmente obradoiros de iniciación e perfeccionamento da técnica do clown. Nos últimos anos está especializándose na dirección de espectáculos cómicos e de pequeño formato. Así, é director dos espectáculos Supergalácticos, de Código Morsa, Volta á maxia, de Dani García, Ritmo refugallo, de Trío Refugallo e Concerto singular (e plural) de Píscore. Ademais, é membro fundador da organización galega de cooperación internacional a través das artes Pallasos en Rebeldía e, con esta entidade, ten participado en diversas caravanas de pallasos por comunidades indíxenas de Chiapas (México).

  • Sinopsis del espectaculo:

    En ausencia, por motivos laborais, de Supernai, o noso Superheroe deberá salvar a humanidade de terribles ameazas, sen esquecer a conciliación. Así, deberá loitar contra perigosos axentes malignos mentres prepara as merendas, pon unha lavadora ou cambia un cueiro. E todo, no axustado tempo que lle deixa a apertada axenda de actividades extraescolares dos seus fillos.

  • Caché con IVA : 726 €

  • Caché + producción técnica con IVA : 726 €

  • Técnica