#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuito de apoyo a la programación de artes escénicas en gallego

Catálogo de Espectaculos

DIEGO ANIDO: O DEUS DO POP

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirigido a : ADULTO

  • Duración del espectaculo: 70

  • Persona representante : ARTYC CONTENT

  • Datos de contacto : 605 058 101 - rcoca@artyc.es

  • Página web del grupo : https://www.diegoanido.com/

  • Sinopsis de la compañia :

    Tras anos de adición á televisión e un correcto fracaso escolar, en 2002 inicia a súa formación en artes escénicas en Espazo Aberto, Santiago de Compostela. En 2004 trasládase a Barcelona onde continúa a súa formación con Sandro Dielli, Good Idea Co., Eric de Bont, Wendl Wells, Johnie Melville, Jordi Cortés, Andrés Corchero, Rosa Muñoz, Ariel Procajlo, Hisako Orikawa, Oguri. Marta González (Serge Wilfart) Esther Formosa. Forma parte da plataforma de creación AREAtangent, onde traballa con Jordi Oriol, Alex Serrano, Silvia Delagneau, Pablo Rosal e Víctor Molina entre outros, e cos que realiza os espectáculos “Muda”, “Todas las historias tienen un árbol” e “Prometeu no res”. Desde 2006 entra a traballar na compañía Agrupación Sr. Serrano, coa que participa como creador e intérprete nos espectáculos: “Mil tristres tigres” (2006), “Europa” (2007), “Contra.Natura” (2008), “Artefacto” (2009), “Memo” (2010), “Katastrophe” (2011), “BBBB” (2012) e “Kingdom” (2018), coos que xira por escenarios de todo o mundo e recibe numerosos premios, entre o que cabe destacar o León de Prata da Bienal de Venecia 2015. Traballa tamén coa compañía Raravis/Andrés Corchero/Rosa Muñoz nas produccións “San Vito” e “Present vulnerable”. De regreso a Galicia colabora coa compañía Voadora como creador e intérprete nas súas produccións “A tempestade” (2014), “Calypso” (2015) e “Soño dunha noite de verán” (2017). Colabora ademáis con outras compañías como Lola Arias e Pistacatro entre outras. En cine destacan os seus papeis principais nas largometraxes “Pedro e o capitán” (Pablo Iglesias, 2013), “Trote” (Xacio Baños, 2018), “Ons” (Afonso Zarauza, 2020), "Malencolía" (Afonso Zarauza, 2021), "As bestas" (Rodrigo Sorogoyen, 2022). Como creador en solitario desenvolve as seguintes producións: · "Paper boy" (2003) · "O Alemán" (2004) coprodución con AREAtangent. · "Cascuda" (2008) coproducción co Centro Dramático Galego e co apoio do Festival Grec (BCN) e La Caldera (BCN) · "Symon Pédícrí" (2013) coproducción con Festival TNT/CAET- Centre d’arts escèniques de Terrasa, ALT - Festival alternativo das artes escénicas de Vigo, FIOT Festival internacional Outono de Teatro. Coa colaboración de El Graner i Mercat de les Flors. Centro Dramático Galego. Carta Blanca Projecte Modul Dance, premiado cunha axuda á residencia de creación de Iberescena.

  • Sinopsis del espectaculo:

    2 Premios María Casares 2023: Dirección de Movemento (Diego Anido e Guillermo Weickert) e Iluminación (Montse Piñeiro, Pedro Fresneda e Raquel Hernández). Obra recomendada pola Rede Nacional de Teatros – PLATEA 2024-25. Diego Anido: Premio da Unión de Actores 2023 ao mellor actor revelación e nominación aos Premios Goya 2023 ao mellor actor secundario por "As bestas ". A quinta exposición individual de Diego Anido é, máis que nunca, o resultado dunha metodoloxía de traballo moi persoal e pouco habitual. Nela convive a variedade escénica: texto, baile, música en directo (con obxectos estraños...) cunha depurada dramaturxia que tenta dar vida a unha biografía que nace de maridar a vida dunha pseudo estrela do pop coa biografía do artista. propio autor. O Deus do Pop é un individuo único que percorre a escena cun paseo delicado, unha voz suave e unha enerxía salvaxe para mostrar todo o que o seu talento lle permite ser.

  • Caché con IVA : 2904 €

  • Caché + producción técnica con IVA : 3872 €

  • Técnica