#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuito de apoyo a la programación de artes escénicas en gallego

Catálogo de Espectaculos

Ibuprofeno Teatro: O Furancho

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirigido a : Adulto

  • Duración del espectaculo: 80 minutos

  • Persona representante : Ibuprofeno Teatro S.L.

  • Datos de contacto : 696 730 037 - ibuprofenoteatro@ibuprofenoteatro.com

  • Página web del grupo : https://www.ibuprofenoteatro.com/index.php/gl/espectaculos-gl/item/o-furancho

  • Sinopsis de la compañia :

    Santiago Cortegoso e Marián Bañobre decidimos no 2010 fundar Ibuprofeno Teatro para emprender proxectos teatrais dun xeito independente integrando a escrita dramática no proceso de creación e posta en escena. Procuramos o rigor na dramaturxia, no traballo interpretativo e na concepción dos textos e procesos de creación. Gústanos falar dos temas claves que afectan ao ser humano contemporáneo, a través de personaxes que buscan a súa identidade individual nun contexto social globalizado e complexo que non conseguen controlar e que os leva a situacións absurdas e cargadas dun humor acedo e sarcástico. A inicios do 2020 estreamos o noso sétimo espectáculo coincidindo cos 10 anos de vida da compañía. Durante esta década participamos en numerosas prazas e festivais de dentro e fóra de Galicia, sentíndonos moi ben acollidos e co recoñecemento de premios coma o María Casares a Mellor Actriz, Vestiario e Autor, finalista aos Max na categoría de Dirección e Autor ou o Álvaro Cun - queiro de Textos Teatrais, entre outros.

  • Sinopsis del espectaculo:

    O Furancho é unha divertida comedia protagonizada por Marián Bañobre e Isabel Risco na que dúas emprendedoras terán que salvar distintos obstáculos para levar a cabo o seu soño: montar un furancho. A través da metáfora gastronómica preséntanse cuestións como a precariedade cultural ou como nos definen as eleccións que facemos

  • Caché con IVA : 2178 €

  • Caché + producción técnica con IVA : 2420 €

  • Técnica