#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuito de apoyo a la programación de artes escénicas en gallego

Catálogo de Espectaculos

TARABELA CREATIVA: BOA SORTE, MALA FAMA

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirigido a : ADULTO

  • Duración del espectaculo: 120 MINUTOS

  • Persona representante : TARABELA CREATIVA

  • Datos de contacto : 654 363 031 - INFO@TARABELACREATIVA.COM

  • Página web del grupo : www.tarabelacreativa.com

  • Sinopsis de la compañia :

    Tarabela Creativa é unha compañía asentada en Lugo e fundada por Diego Gallego e por Carmen Conde que reúne sendas traxectorias profesionais en distintos ámbitos: Diego, procedente do mundo da produción e da xestión comercial; Carmen, guionista, narradora e dramaturga. Perseguen dúas vocacións: a primeira, contar historias a través das artes escénicas e do audiovisual...A segunda, un fundamental labor de plantar a semente dos futuros contadores e contadoras en diverso formato a través da formación. Baixo o seu selo teñen escrito e producido varios espectáculos de narración oral para público adulto e infantil, con grande presencia tanto en teatros e auditorios de Galicia, coma en festivais de diverso corte: “Elas Son Artistas”, “Agrocuir”, “Deperto”, “A boca chea”, "Sete falares", "Oikonomos", “Festival Escena Muller”... A base de todo o traballo de Tarabela Creativa fundaméntase nas recollidas, que despois supoñen un arquivo e un repositorio dos que parten toda a escrita e a posta en escena. Crearon a miniserie web “Premios Darwin”, así como a serie dixital sobre a historia da música en Galicia "Quéreme soar!" para a Secretaría Xeral de Política Lingüística. Así mesmo, ocupáronse da direcciónartística, guión e presentación dos IX Premios Martín Códax da Música Galega. Teñen como eixos fundamentais a ruralidade, o silenciado e as disidencias.Deste xeito, Tarabela Creativa completa a súa filosofía de achegar relatos que, tendo a súa orixe no común e corrente, alcanzan altas cotas de extraordinario.

  • Sinopsis del espectaculo:

    Sempre se soubo, claro está, que as anduriñas son aves de bo agoiro, que alí onde aniñan traen fortuna, que anuncian a primavera e que os mariñeiros as tatuaban na pel por cada travesía da que lograban retornar. Pouco se fala, en cambio, do molestas que se lle fan a moita xente co seu canto agudo e de que enchen todo de excrementos. Por iso estas aves dan boa sorte, pero teñen mala fama. Ningún outro animal se parece tanto aos emigrantes galegos: estamos en cada continente, vivimos facendo colonias, temos na cabeza o camiño de volta a casa e marchamos por necesidade. E, igual que as anduriñas, gañamos mala fama, aló onde fomos buscar a nosa boa sorte. Este espectáculo nace da necesidade de contar, precisamente, aquelo do que pouco se fala. Trátase dunha traxicomedia en tres actos: Acto primeiro, os tratos; acto segundo, os maltratos e acto terceiro, os retratos. Nos que facendo unha cartografía e un percorrido a través de diferentes épocas e persoas se contará a historia máis “incómoda” da nosa emigración. Empregando para isto tres disciplinas: a narración oral (que será o fío condutor), a música ao vivo (que fará que o público se ubique naquelas outras realidades e sensacións que atravesamos) e na interpretación actoral (coa que se poñerá corpo ás palabras e coa que se traballará na metáfora do espello e do reflexo como leit motiv.) Tres mulleres en escena para representar cada unha dende a súa disciplina o rostro menos institucional da emigración galega.

  • Caché con IVA : 2904 €

  • Caché + producción técnica con IVA : 2904 €

  • Técnica