#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuito de apoyo a la programación de artes escénicas en gallego

Catálogo de Espectaculos

Marta Alonso Tejada: Sofá

  • Categoría: +DANZA

  • Dirigido a : adulto

  • Duración del espectaculo: 65 min

  • Persona representante : martaalonsotejada

  • Datos de contacto : 658 782 564 - martaalonsotejada@gmail.com

  • Página web del grupo : https://www.martaalonsotejada.com/sofa-in-gal

  • Sinopsis de la compañia :

    Compañía de danza galega dirixida por Marta Alonso Tejada A danza, o humor, a mixtura de linguaxes escénicas que se achegan ao teatro e ao circo, a interacción co público e a cercanía, xeran nas súas creacións unha atmosfera particular do cotiá, do natural e do común que se comparte na escena. Www.martaalonsotejada.com

  • Sinopsis del espectaculo:

    A quen non lle gustan os domingos de sofá e manta? e de sofá e peli? A Marta e a Pablo, que se coñeceron bailando, con todo, vanlles máis as tardes de sofá e danza. De sofá e de teatro. De sofá e circo. De sofá e música. Son, poderíase dicir, unha parella normal... pero non. Porque... a quen se lle pode ocorrer que os problemas de desconexión pódense solucionar facendo un espectáculo de danza cun sofá? Marta Alonso e Pablo Reboleiro, desde logo, van tentalo. Porque as tardes en parella son para pasalas facendo o que a un máis lle gusta; e se é bailar, pois haberá que bailar. E se é dar pinchacarneiros, pois haberá que saltar e dar pinchacarneiros. E se é cantar, pois haberá que facelo forte e alto para que o escoite todo o público. E emocionarse, emocionarse moito; que con iso soña a arte cando se bota a durmir nas tardes de sofá e sesta. SOFÁ é unha sitcom de danza, con teatro, circo e música en directo que fala dunha parella que podería ser a túa.

  • Caché con IVA : 3160 €

  • Caché + producción técnica con IVA : 3820 €

  • Técnica