#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuito de apoyo a la programación de artes escénicas en gallego

Catálogo de Espectaculos

PEDRAS DE CARTÓN: Os contos de William

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirigido a : infantil a partir de 4 anos

  • Duración del espectaculo: 40 minutos

  • Persona representante : URDIME, S.coop.galega

  • Datos de contacto : 619 920 335 - comunicacion@urdime.net

  • Página web del grupo : https://urdime.gal/espectaculos/Os%20contos%20de%20William%20Shakespeare/

  • Sinopsis de la compañia :

    Pedras de cartón nace en 2019 na Coruña coa intención de adaptar os clásicos da literatura. Crean propostas para toda a familia cunha clara aposta por explorar novas linguaxes e estéticas co obxectivo de promover o gusto das máis pequenas polas novelas clásicas. A compañía conta con profesionais cunha ampla traxectoria no teatro para a infancia e a xuventude, da man de Juan Rodríguez, socio fundador de Caramuxo Teatro.

  • Sinopsis del espectaculo:

    Os contos de William Shakespeare é o novo espectáculo de Pedras de cartón logo de ter recibido o Premio Barroco Infantil por Quixote no Festival Internacional de Teatro Clásico de Almagro. Un espectáculo de pequeno formato que mestura a comedia, o teatro de obxectos e a narración oral. Os contos de William Shakespeare fan un percorrido polas obras máis coñecidas do dramaturgo inglés, adaptadas para toda a familia e cunha linguaxe máis próxima. Deste xeito, abórdanse tres das pezas máis recoñecidas do autor: Romeo e Xulieta contada con teatro de obxectos, Otelo convertindo as personaxes da obra nunhas chamativas e coloridas letras; e Hamlet, contado en clave de comedia a partir dun peculiar xogo de cartas no que ninguén pode gañar.

  • Caché con IVA : 800 €

  • Caché + producción técnica con IVA : 800 €

  • Técnica