#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuito de apoyo a la programación de artes escénicas en gallego

Catálogo de Espectaculos

Magia en la Manga : Maxia, misterios e outras historias

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirigido a : Familiar

  • Duración del espectaculo: 60 minutos

  • Persona representante :

  • Datos de contacto : 699 792 388 - info@magiaenlamanga.com

  • Página web del grupo : https://magiaenlamanga.com/

  • Sinopsis de la compañia :

    Magia en la Manga é unha compañía profesional de ilusionismo conformada por tres magos galegos con máis de quince anos de experiencia sobre todo tipo de escenarios en todo o territorio nacional: Óscar Fernández, Sara Rodríguez e Carlos Tomico. Todos eles cun estilo e forma de facer de seu, pero co obxectivo común de difundir e poñer en valor a maxia como arte escénica en pleno dereito. Dende a súa orixe como marca comercial en 2018, o grupo especializouse en espectáculos dirixidos a programacións culturais en diversos formatos para todos os públicos, destacando “A igualdade non ten truco”, “The Best Magic Trick in the World” ou “Ilusións do Camiño”. No 2023, Magia en la Manga dá outro paso na súa traxectoria ao establecerse como sociedade cooperativa e ao converterse na primeira compañía de maxia asociada a Escena Galega, así como coa apertura da primeira escola de maxia de Galicia en Vigo. Na súa traxectoria, o proxecto Magia en la Manga foi recoñecido no Pont-Up Store 2019 como mellor proxecto de emprendemento na categoría de Formación, Educación, Arte e Cultura. Entre as súas colaboracións encóntranse o Museo Centro Gaiás, Xacobeo 2021,, Fundación Ciudad de la Energía, Vigocultura, Salón do Libro de Pontevedra, Vialia Vigo ou Grupo SM, entre moitos outros.

  • Sinopsis del espectaculo:

    Maxia, misterios e outras historias Da man do ilusionista Óscar Fernández será posible entrar neste mundo, onde a maxia e o humor non deixarán indiferente a ninguén. Números clásicos reinventados para chegar a novos imposibles e sensacións únicas para toda a familia. O misterio non entende de idades, e tanto nenos como adultos vivirán por igual o misterio da maxia e descubirán que pode ser máis real do que pensamos.

  • Caché con IVA : 1270 €

  • Caché + producción técnica con IVA : 1270 €

  • Técnica