#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuito de apoyo a la programación de artes escénicas en gallego

Catálogo de Espectaculos

Raquel Queizás: Cinema de historias da man de Alice Guy

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirigido a : Familiar, a partir de 5 anos

  • Duración del espectaculo: 50 minutos

  • Persona representante :

  • Datos de contacto : 600 670 740 - info@raquelqueizas.com

  • Página web del grupo : https://www.raquelqueizas.com/cinema-de-historias-da-man-de-alice-guy/

  • Sinopsis de la compañia :

    Son actriz, monicrequeira, filóloga, e sobre todo, contadora de historias. O meu repertorio inclúe contos tradicionais, lendas de cada recuncho, adaptacións de contos de autor e historias propias. Nos meus espectáculos o público é un elemento fundamental, grandes e cativos entran a formar parte da historia. Nas miñas montaxes a participación activa e o humor son pezas clave. Quizais fose polos contos que me contaba a miña avoa (porque a memoria dos antepasados non só é vida, senón sabiduría pura), quizais porque a nena que levo dentro segue soñando con ese mundo de fantasía, fose como fose, os contos forman parte da miña vida persoal e profesional dende fai vinte anos.

  • Sinopsis del espectaculo:

    Este espectáculo, que mestura a narración co teatro e o cinema, pretende divertir e espertar nas nenas e nos nenos o amor polo cine, descubrirlles o poder que teñen as imaxes e o cinema para transmitir historias. Será Alice Guy, a nai do cinema, a que esperte a súa curiosidade pola orixe da sétima arte. Alice, desde ben pequena, escoitou contos da súa avoa que acordaron nela o amor polos libros. Co paso do tempo chegou a ser unha gran contadora de historias que logo levaría á gran pantalla. Teremos ocasión de viaxar no tempo para coñecer a súa vida e ver fragmentos das súas primeiras películas . Alice Guy é unha muller fascinante inxustamente esquecida. Alice Guy foi a primeira persoa en dirixir cine de ficción contando unha historia, ademais foi actriz, guionista, deseñadora de vestiario, cámara, produtora, cómica, maga e moito máis…

  • Caché con IVA : 605 €

  • Caché + producción técnica con IVA : 847 €

  • Técnica