#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuito de apoyo a la programación de artes escénicas en gallego

Catálogo de Espectaculos

A MAGA FANI / MARTÍN CAMIÑA-ILUSIONISTA: 2 íLUSIONISTAS IMPARES

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirigido a : -Espectáculo para todos os públicos: FAMILIAR (de 5 a 155 anos)

  • Duración del espectaculo: 70

  • Persona representante : MARTÍN CAMIÑA-ILUSIONISTA

  • Datos de contacto : 676 135 690 - maxia@martinilusionista.com

  • Página web del grupo : http://www.magafani.com/

  • Sinopsis de la compañia :

    A COMPAÑÍA: A MAGA FANI / MARTÍN CAMIÑA-ILUSIONISTA -A MAGA FANI Representacións contra a violencia de xénero, a prol da lingua e cultura, o humor saudable, a bioloxía, a arqueoloxía etc., son o núcleo fundamental do seu traballo. Sempre disposta a loitar contra as desigualdades sociais, crebar clixés e rachar cos estereotipos. O coidado nas presentacións e nos guións dos seus actos fai que cree intres creativos, excéntricos, emotivos e orixinais. -DIRECCIÓN MÁXICA “I N V E N T I O” ESPECTÁCULO DE MAXIA-CIRCO-DANZA https://www.inventio.gal/ Licenciada en Bioloxía Estudos de Ballet Clásico Estudos de Danza-Jazz Estudos de Expresión Corporal Cursos: Expresión Vocal, Canto Vocal e Moderno MARTÍN CAMIÑA-ILUSIONISTA Un ilusionista da morea..do montón…, mais…do montón bo. Espalla un xeito diferente de transmitir sorpresas, abraios maxia, igualdade e lingua en teatros, auditorios, colexios, casas de cultura, asociacións, museos, festivais etc. Moi ao seu pesar, seus traballos guionizados no humor, na dinamización da nosa cultura, n@s nos@s escritor@s, na música, na ciencia etc., son contratados por todo tipo de institucións: públicas, privadas e mesmo algunha de dubidosa actividade. Premio Nacional de Maxia – Donostia (3º Premio) Premio Congreso Internacional Almussafes – València (3º Premio) Premio Asoc. Portuguesa de Ilusionismo – Algarve (3º Premio) Xira Xapón 2011 Xira Xapón 2012

  • Sinopsis del espectaculo:

    Un espectáculo que non garda simetría por ningures. Un espectáculo con metros de 90 centímetros e horas de 70 minutos. O ilusionista Fani e a maga Martín, aterran cun acto escénico desaxeitado para estes tempos: risas, divertimentos e atraccións infrecuentes e anómalas, coa misión do deleite dende estraños puntos de vista,...dende ángulos estrafalarios. Benvidos e benvidas a uns encantos rebuldeiros, a uns despropósitos ordenados, a practicar novas exclamacións de abraio e a reescribir a actualidade, coa maga Fani e Martín Camiña-ilusionista, nunha chaparrada de maxia ledamente asimétrica. -Espectáculo para todos os públicos -Ilusionistas: A Maga Fani e Martín Camiña

  • Caché con IVA : 2400 €

  • Caché + producción técnica con IVA : 2800 €

  • Técnica