#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuito de apoyo a la programación de artes escénicas en gallego

Catálogo de Espectaculos

MAMÁ CABRA: Paxaro Amigo_Músicas para a paz

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirigido a : infantil a partir de 3 anos

  • Duración del espectaculo: 50 min.

  • Persona representante : URDIME, S.coop.galega

  • Datos de contacto : 619 920 335 - comunicacion@urdime.net

  • Página web del grupo : https://urdime.gal/espectaculos/Paxaro%20Amigo%20(M%C3%BAsicas%20para%20a%20paz)/

  • Sinopsis de la compañia :

    Mamá Cabra é o grupo de música infantil pioneiro na produción de espectáculos musicais pensados para o público infantil. A súa historia remóntase ao ano 2000, e partiu primeiramente de facer cancións para as clases de Educación musical de Gloria Mosquera, principal fundadora do grupo. A primeira canción naceu na biblioteca do colexio no que estaba Gloria, despois de ler o poema do “Timoteo” de Gloria Sánchez que está no libro “Rimas con letra”. O seu primeiro disco é Cantos Rodados, de dez temas que se baseaban en poemas de autores como Antonio G. Teijeiro, Concha Blanco, Ana María Fernández e Gloria Sánchez. Moi pouco tempo despois acaban subidos a un escenario e artellando xogos para compartir un momento de ritmo, canto, audición e sobre todo movemento musical. Nos últimos anos deron o paso á creación escénica e fixérono da man de Paporrubio coa creación da peza Paxaro Amigo, músicas para a paz.

  • Sinopsis del espectaculo:

    Paxaro Amigo (Músicas para a Paz) é un espectáculo que xunta música e teatro nunha mesma celebración. Discordia é unha bruxa que é feliz destruíndo a paz. De feito, a paz prodúcelle picóns por todo o corpo, dende o cocote ata a punta do pé. Discordia goza facendo que todos os animais e os humanos se leven mal. Menos mal que ten unha curmá fada, pois xa se sabe que na familia haiche de todo… Un día algo acontece que cambiará o seu mundo para sempre. Un espectáculo de Mamá Cabra con texto e dirección de Pepablo Patinho e inspirado no libro de Mamá Cabra “A Bruxa discordia”, unha proposta cargada de mensaxes que inciden na busca dun mundo mellor.Guión e dirección Pepablo Patiño Actor Luchi Iglesias Voz e guitarra Gloria Mosquera: Baixo Tomi López Teclado e acordeón Diego Maceiras Violín Harry Prince

  • Caché con IVA : 2625 €

  • Caché + producción técnica con IVA : 3550 €

  • Técnica