#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuito de apoyo a la programación de artes escénicas en gallego

Catálogo de Espectaculos

Teatro Ghazafelhos e Magín Blanco: A nena e o grilo camiño das cores

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirigido a : infantil a partir de 3 anos

  • Duración del espectaculo: 55 minutos

  • Persona representante : URDIME, S.coop.galega

  • Datos de contacto : 619 920 335 - comunicacion@urdime.net

  • Página web del grupo : https://urdime.gal/familiar/Mag%C3%ADn%20Blanco/

  • Sinopsis de la compañia :

    Magín Blanco é un dos máis coñecidos creadores de propostas escénicas para público familiar no panorama actual galego. Creador de A nena e o grilo (OQO 2011) A nena e o grilo nun barquiño (Fol música 2013), e outras composicións que forman parte de edicións como María Fumaça (Ed. Galaxia 2012), Rosalía Pequeniña (Ed. Galaxia 2013), Canta o Cuco (Ed. Galaxia 2014), Gatuxo (Ed. Fol música 2015) ou Camiños (Ed. Fol música, 2017). Despois do éxito acadado co espectáculo “A nena e o grilo nun barquiño”, producido con Teatro Ghazaflehos, e co que realizaron máis de un cento de actuacións durante a súa xira, consolidándose como a proposta escénica infantil con maior repercusión nos últimos anos en Galicia. Magín Blanco chega unha segunda entrega da coñecida saga infantil que leva por nome "A nena e o grilo máis aló", un espectáculo musical e teatral xunto a teatro Ghazafelhos e o músico Cristian Leggiero. Magín Blanco conta tamén con formatos musicais como Magín Blanco e A Banda das Apertas e o seu formato en solitario "Caderno de cores e cancións". Neste 2.024 chegará a última entrega da saga: A nena e o grilo camiño das cores

  • Sinopsis del espectaculo:

    A Nena e o Grilo camiño das cores é unha montaxe teatral de Magín Blanco e Teatro Ghazafelhos con música en directo. É esta a última e cuarta entrega de A nena e o grilo, o musical infantil máis aclamado do panorama galego que conta con tres espectáculos previos: O País das Apertas, A Nena e o Grilo nun Barquiño e A Nena e o Grilo máis Aló. O fío condutor desta cuarta entrega son os camiños, as peregrinacións nas que as camiñantes buscan atoparse consigo mesmas, a vida que avanza e non sabemos a onde nos leva. A Nena xunto co Grilo que a acompaña emprenderá unha viaxe chea de aventuras e sorpresas na que descubrirá que o seu anhelo non é outra cousa que a amizade. Unha nova entrega da saga para público familiar coa que viaxamos ó País das Apertas! Elenco artístico: Montse Piñón López Pedro Pablo Patiño Peña Jorge Casas Caneiro Magín Blanco García Pablo Vidal Mendoza

  • Caché con IVA : 3000 €

  • Caché + producción técnica con IVA : 3890 €

  • Técnica