#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuito de apoyo a la programación de artes escénicas en gallego

Catálogo de Espectaculos

PÉREZ&FERNÁNDEZ: NANAI DA CHINA

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirigido a : infantil a partir de 3 anos

  • Duración del espectaculo: 50 min.

  • Persona representante : URDIME, S.coop.galega

  • Datos de contacto : 619 920 335 - comunicacion@urdime.net

  • Página web del grupo : https://urdime.gal/espectaculos/Nanai%20da%20China/

  • Sinopsis de la compañia :

    ewis Hyde, en “The Gift: Creativity and the Artist in the Modern World” suxire que os humanos sempre entran en acción e toman decisións partindo de dous puntos posibles: o instinto de supervivencia e o impulso de regalar. Esta compañía nace do impulso instintivo de supervivencia, da necesidade de crear, de regalar unha viaxe aos demais máis alá da súa experiencia cotiá. Victoria Pérez e Manu Fernández crean en 2014 la Cía. Floristería para producir a peza escénica “Eu encargábame dos nenos e o meu marido da parte dos gastos” o seu primeiro espectáculo para público adulto sobre a desigualdade de xénero. O poder de Amabel estreada en xaneiro de 2016 é o seu primeiro espectáculo para público familiar co que se funda Pérez&Fernández. A súa segunda peza teatral será a tenrisíma e aclamada Aguratrat baseada nunha das publicacións do xenial Roald Dhal. En 2020 estrean Os nenos da varíola, un espectáculo baseado na novela homónima de María Solar. E no 2023 coa súa produción Nanaí da China gañan o Premio María Casares na categoría de monicreques

  • Sinopsis del espectaculo:

    Nanai naceu unha noite sen lúa. Os seus veciños e veciñas rexéitana dende que nace, por pura superstición. Ela só sabe dicir que non, e axudar ao seu avó a cultivar o arroz máis delicioso desta beira do río Yangtsé en compañía de Chispúm, un simpático búfalo de auga. Para loitar contra a estúpida superstición da xente Nanai e o seu avó elaboran un plan que non sempre sae tan ben como imaxinaron. Nanai da China é un espectáculo de teatro para público familiar onde os títeres e os actores se fusionan para representar un conto orixinal cheo de maxia, aventuras e humor. A peza foi gañadora do Premio María Casares 2024 na categoría de monicreques.

  • Caché con IVA : 1950 €

  • Caché + producción técnica con IVA : 2100 €

  • Técnica