#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuito de apoyo a la programación de artes escénicas en gallego

Catálogo de Espectaculos

Berrobambán: Mulleres que viven soas

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirigido a : Adulto

  • Duración del espectaculo: 60 minutos

  • Persona representante : URDIME, S.coop.galega

  • Datos de contacto : 619 920 335 - comunicacion@urdime.net

  • Página web del grupo : https://urdime.gal/espectaculos/Mulleres%20que%20viven%20soas/

  • Sinopsis de la compañia :

    Berrobambán é unha das compañías teatrais máis consolidadas do panorama galego. Dende o ano 2000 producen un total de dez espectáculos teatrais para público familiar e que tiveron un notable éxito de público, converténdose nunha das compañías galegas con maior número de espectadores. Teñen participado en programacións de Galicia, España, Portugal, Corea e Canadá e, polo medio, organizan o Asteroide B-612, a primeira programación familiar estable en Galicia e o Circo-lar, unha programación familiar para a Consellería de Cultura. O CDG encárgalle A Cabana de Baibaiga, a adaptación dun conto ruso con moita, moita música. Tamén realizan espectáculos de animación á lectura que os levaron por moitas bibliotecas e centros educativos. Neste tempo estrearon moitos espectáculos para público adulto e para público infantil e familiar.

  • Sinopsis del espectaculo:

    Protagonizada polas Tres Bruxas que profetizan o ascenso de Macbeth ao trono na peza de Shakespeare. Tres bruxas que encarnan os males deste mundo e que nos serven de referencia para rirnos da diferenza entre como nos ven (ou nos contan) e como nos sentimos nós dentro das nosas casas. Espectáculo híbrido entre o teatro documental, a standup comedy e o teatro isabelino interpretado por tres das contadoras de historias máis relevantes do país: Paula Carballeira, María da Pontragha e Vero Rilo. Tres mulleres excepcionais para dar voz e corpo a historias reais e personaxes femininas de ficción. Mulleres que viven soas é unha coprodución de Berrobambán e o Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) de Carballo.

  • Caché con IVA : 3000 €

  • Caché + producción técnica con IVA : 4300 €

  • Técnica