#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuito de apoyo a la programación de artes escénicas en gallego

Catálogo de Espectaculos

MIGALLAS TEATRO: "Cantaxoga"

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirigido a : Infantil e familiar

  • Duración del espectaculo: 60 minutos

  • Persona representante : MIGALLAS TEATRO, S.L.

  • Datos de contacto : 618 813 071 - migallas@migallas.gal

  • Página web del grupo : https://migallas.gal/cantaxoga/

  • Sinopsis de la compañia :

    Migallas Teatro vén realizando desde a súa fundación no ano 1992 numerosas actividades de promoción da lingua e da cultura galegas mediante montaxes teatrais; concertos; sesións de narración oral, obradoiros, cursos etc. Alén disto, elaborou materiais audiovisuais como os libros-disco “¡Canta connosco!”, e “Pan de millo”, o disco “Zaragallada” e a serie de 25 vídeos para fomentar a práctica da lingua mediante os ditos infantís tradicionais chamada Brincadeiras da lingua, baseada na páxina web Orella pendella, que coordina desde o ano 2008. Migallas Teatro realizou máis de 1700 representacións de máis dunha trintena de espectáculos diferentes creados pola propia compañía. Alén disto, ten coordinado a creación de máis de medio cento de montaxes teatrais con rapaces e rapazas de entre 7 e 18 anos. Tamén leva a cabo talleres de expresión dramática, plástica e musical a través de concellos, asociacións e colexios de diversos municipios como Pontevedra, Vilaboa, Soutomaior, Tomiño etc. Na cidade de Pontevedra coordinou desde o ano 1998 ata o ano 2020 os obradoiros de expresión dramática, plástica e musical “Á procura do tesouro” que organizaba cada ano o Concello de Pontevedra e polo que pasaron máis de 3000 rapaces e rapazas de entre 4 e 18 anos. Na actualidade, desenvolve nesta mesma cidade 4 obradoiros denominados ARTEXOGA, que teñen como finalidade crear un espazo de socialización en galego para os 80 nenos e nenas participantes. Por outra banda, nos anos 2002 e 2003 creou e puxo en escena o espectáculo da Cerimonia de Apertura da Feira Franca de Pontevedra e no ano 2004, o espectáculo ao aire libre Os Irmandiños no que participaron 40 persoas. Tamén realiza visitas culturais teatralizadas no Museo de Pontevedra e polo Centro Histórico de Pontevedra coa creación de varios espectáculos: “A Boa Vila dende o Camiño Xacobeo” e “Paseo máxico pola Boa Vila”. Coordinou os obradoiros de narración oral do Centro de Interpretación de Oralidade de Vigo CIOV e editou o libro “Un avó especial”. Para máis información sobre a compañía, consultar: https://migallas.gal/

  • Sinopsis del espectaculo:

    “Cantaxoga” é un espectáculo de teatro e música onde María Campos e Carlos Yus interpretan cancións dos discos “Canta connosco!” e “Pan de millo” acompañados por unha banda de pulgas (a música e os coros están gravados pero as voces solistas son ao vivo) e realizan sktechs cómicos relacionados cos contidos das cancións. Entre outros obxectivos, este espectáculo ten como finalidade demostrar que na lingua galega, ademais da música tradicional, teñen cabida todos os estilos e tendencias musicais: rock, cumbia, rap, reagge, pasodobre, rumba, fusión étnica… Un dos sktechs é o relativo ao “O rap da lingua“, onde se anima dun xeito humorístico as nais e os pais e as persoas adultas en xeral a falarlle en galego á cativada.

  • Caché con IVA : 1000 €

  • Caché + producción técnica con IVA : 1200 €

  • Técnica