#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuito de apoyo a la programación de artes escénicas en gallego

Catálogo de Espectaculos

Marcia Vázquez: Vaivén

  • Categoría: +DANZA

  • Dirigido a : +16

  • Duración del espectaculo: 53 minutos

  • Persona representante : Amarelo Distribución

  • Datos de contacto : 610 106 808 - lilian@amarelo.es

  • Página web del grupo : https://www.marciavazquez.es/

  • Sinopsis de la compañia :

    Marcia Vázquez. Bailarina, creadora e xestora cultural. Comeza polas danzas urbanas acabando finalmente na danza contemporánea formándose na Faktoria. O seu solo "Onde pousa a humidade" foi mención especial no Festival DZM e foi seleccionada por MASDANZA en 2022. Este espectáculo tamén xira por Costa Rica a través de SóLODOS e forma parte de Danza a Escena 2024. Estrea o seu primeiro espectáculo de sala "Vaivén" no Teatro Rosalía de Castro en 2023, que continúa por salas na actualidade. Traballou en proxectos híbridos con variedade de artistas dentro do audiovisual ou a música, onde destaca "Uholdeak", seleccionada en numerosos festivais de cinema. Forma parte dos colectivos de danza emerxente Disiden.Cia e La Veleta Formada en Xestión Cultural e lecer, comisariou e colaborou en diversos eventos e festivais. Actualmente comisaria o Festival ESCORA da Deputación da Coruña. Marcia é unha artista inseparable da súa reivindicación persoal, corpo-comunidade, territorio-identidade.

  • Sinopsis del espectaculo:

    Vaivén é unha peza escénica de danza contemporánea que navega en mareas vivas. Trala tormenta, o océano cuspe á beiramar todo aquilo afogado na profundidade. A area está chea de restos inconexos de memoria. Será suficiente este corpo para reconstruíla antes de que volva subir a marea? Existe unha identidade non escollida que nos define polo mero feito de vivir ao carón da costa? Unha investigación que se mergulla nas vibracións, nas ondas sonoras e que reverbera, á súa vez, no oceáno interior das emocións. "Todas as almas son náufragas"

  • Caché con IVA : 1900 €

  • Caché + producción técnica con IVA : 2650 €

  • Técnica