Presentación da quinta edición de Ultreia

15/03/2023

Ultreia

O deputado de Deportes, Gorka Gómez, David Acevedo, organizador da Ultreia, e Tino Fernández, tenente de alcalde de Pontevedra, presentaron hoxe a quinta edición desta proba deportiva xunto a Antonio de Cora, director xeral do Diario de Pontevedra, Yoya Blanco concelleira de Turismo, e o capitán da agrupación de tráfico da provincia da Garda Civil, Antonio Pérez Piteira.

A camiñada Ultreia, que se celebrará o vindeiro 26 de marzo, percorrerá a provincia desde Tui ata Pontevedra, transcorrendo por un tramo do Camiño Portugués nun traxecto de 52 quilómetros.  Esta quinta edición está a bater récords, con case 400 persoas inscritas ata o momento e camiñantes de 8 autonomías diferentes e de distintas zonas de Portugal. Ultreia, dirixida a todos os públicos, aposta polo turismo deportivo facendo que os participantes poidan desfrutar dunha contorna privilexiada a carón do Camiño Portugués pola provincia.

Galerias de imagenes