O AECT Rio Minho promove o ‘Minho Wine Experience’ mesturando viño e rutas en bicicleta
O proxecto inclúe dúas saídas de 80 quilómetros en bicicleta que rematan con degustacións en adegas transfronteirizas este sábado 17 e o vindeiro día 24 de xuño
15/06/2023
O AECT Rio Minho vai celebrar este sábado e o vindeiro día 24 de xuño o ‘Minho Wine Experience - Vive o Rio Minho’, unha experiencia que mistura deporte, turismo e enoloxía no territorio miñoto transfronteirizo. O proxecto de enocicloturismo inclúe dúas saídas de 80 quilómetros en bicicleta por concellos galegos e portugueses da raia que rematan con experiencias de degustación en adegas de viño locais.
Unhas 45 persoas ciclistas percorrerán en bicicleta por estrada cada sábado paisaxes naturais e históricas, pasando por varios concellos do Miño e de Galiza, atravesando as distintas pontes internacionais do Río Miño. Na primeira xornada a saída será dende o Museo da Ciencia e do Viño de Salvaterra, para despois seguir por Monçao, Valença, Tui, As Neves, Arbo, Melgaço, e volver ao Museo de Salvaterra. As paradas serán en Fillaboa e Soalheiro, tendo a ‘experiencia’ enolóxica (un menú degustación harmonizado con viños e a presenza de empresas produtoras portuguesas e galegas) en Salvaterra, da man de viños de Pazo do Pegullal e Soalheiro.
O día 24 de xuño a saída será no Club Ínsua de Moledo (Caminha) . Pasarase por Vila Nova de Cerveira, Tomiño, O Rosal, A Guarda e de novo por O Rosal ata volver a Caminha, con paradas en Terras Gauda e o AquaMuseu no Rio Minho. O almorzo ‘vínico’ será no Insua Clube.
A duración de cada unha das rutas será de cinco horas aproximadamente e o programa é de balde, sendo necesaria a inscrición. A intención é que participen no proxecto ciclistas profesionais, figuras públicas que practican ciclismo, xornalistas e persoas con influencia ligados ao ciclismo ou mundo dos viños e calquera persoa que practique ciclismo de estrada. É preciso dispoñer de bicicleta propia.
Os programas do proxecto “Minho Wine Experience - Vive o Rio Minho” teñen o obxectivo de promocionar a comarca e todas as súas potencialidades de turismo activo, sustentable e natureza, ademais de promover a gastronomía e enoloxía transfronteiriza, seguindo o exemplo doutras propostas semellantes en territorios vinícolas de moitos países. Dentro da Península Ibérica destacan as de La Rioja, Catalunya, Andalucía e La Mancha, ademais da Ribeira do Douro en Portugal.
A iniciativa do percorriño e experiencia enociclista polo Río Miño está promovida pola AECT - Rio Minho, no ámbito do proxecto Vive Rio Minho, cofinanciado polo Programa Interreg V-A España Portugal.
documentos
Galerias de imagenes
![Minho Wine Experience, rutas en bicicleta alt=](/documents/37861/4304448/Minho_Wine_Experience_EnoCicloturismo_2.jpg/efe27ea3-aed9-ae8b-1d15-b6c1d5e37954?t=1686822315454)
alt="Minho Wine Experience, rutas en bicicleta" title="Minho Wine Experience, rutas en bicicleta"
![Minho Wine Experience, rutas en bicicleta alt=](/documents/37861/4304448/Minho_Wine_Experience_EnoCicloturismo_3.jpg/25772dc2-685f-e9df-0d19-14666c8e31a9?t=1686822315771)
alt="Minho Wine Experience, rutas en bicicleta" title="Minho Wine Experience, rutas en bicicleta"
![Viño do condado alt=](/documents/37861/4304448/Minho_Wine_Experience_EnoCicloturismo_4.jpg/8bcd3fcb-2b99-44ac-5a1b-be28dad80a8e?t=1686822316077)
alt="Viño do condado" title="Viño do condado"
![Museo das Ciencias do Viño. Conxunto fortificado. Salvaterra do Miño alt=](/documents/37861/4304448/Minho_Wine_Experience_EnoCicloturismo_5.jpg/82a8e4f2-7fae-4486-df33-2053e7b7cf96?t=1686822316354)
alt="Museo das Ciencias do Viño. Conxunto fortificado. Salvaterra do Miño" title="Museo das Ciencias do Viño. Conxunto fortificado. Salvaterra do Miño"