XORNADA

Protección das persoas que informen sobre infraccións normativas e loita conta a corrupción

Lei 2/2023, do 20 de febreiro

Salón de plenos. Pazo provincial. Pontevedra

Luns 11 de decembro de 2023 | 09:30 h

Coa aprobación da Lei 2/2023, do 20 de febreiro, reguladora da protección das persoas que informen sobre infraccións normativas e de loita contra a corrupción, incorpórase ao dereito español a Directiva (UE) 2019/1937 do Parlamento europeo e do Consello, do 23 de outubro de 2019, relativa á protección das persoas que informen sobre infraccións do dereito da Unión.


A finalidade da norma é a de protexer fronte a represalias as persoas que nun contexto laboral ou profesional detecten infraccións penais ou administrativas graves ou moi graves e as comuniquen mediante os mecanismos regulados.

En cumprimento do establecido na Lei 2/2023, do 20 de febreiro, reguladora da protección das persoas que informen sobre infraccións normativas e de loita contra a corrupción, as entidades locais da provincia teñen a obriga de implantar unha canle interna de información que cumpra coa finalidade da citada lei e permita que as persoas físicas poidan informar sobre algunhas das accións ou omisións ás que se refire o seu artigo 2, fundamentalmente infraccións do dereito da UE e infraccións administrativas graves ou moi graves ou feitos delituosos.

Con estes antecedentes, a Deputación de Pontevedra promove esta xornada de carácter práctico sobre a incidencia no ámbito local da Lei 2/2023, do 20 de febreiro, reguladora da protección das persoas que informen sobre infraccións normativas e de loita contra a corrupción, nas entidades locais.

A xornada vai dirixida a membros de corporacións locais, secretarias e  secretarios, interventoras e interventores e secretarias-interventoras e secretarios-interventores da Administración local, funcionariado dos subgrupos A1 e A2 e demais persoal público interesado na materia obxecto da xornada.

Documentos

Solicitude de Preinscripción - Rutas AUPO2030