Luis López amosa o apoio da Deputación ao labor da Asociación Española Contra o Cancro coa súa participación na gala benéfica celebrada na Illa da Toxa

10/08/2024

Novena edición da Gala Solidaria en beneficio da Asociación Española Contra o Cancro

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, vén de participar esta tarde na novena edición da Gala Solidaria en beneficio da Asociación Española Contra o Cancro que se celebrou no Eurostars Gran Hotel La Toja, no concello do Grove.

O mandatario provincial amosa o apoio da Deputación a entidades sociais como a AECC, coa que colabora o organismo provincial, e que realizan un labor imprescindible tanto na atención a pacientes e familiares afectados polo cancro, así como na investigación, prevención e divulgación desta enfermidade.