Luis López participa en Sanxenxo na entrega de premios da Regata Juan Carlos I
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, participou esta tarde de domingo no acto de entrega de premios ás gañadoras e gañadores da Regata Juan Carlos I que organizou esta fin de semana o Real Club Náutico de Sanxenxo e que contou coa presenza do rei emérito Xoán Carlos I.
01/10/2023
O presidente e a vicepresidenta primeira, Marta Fernández Tapias, encargáronse de entregar os galardóns ás e aos gañadores de diversas categorías. Unha función que compartiron co presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e co propio rei emérito Xoán Carlos I, así como outras e outros representantes da Administración autonómica, municipal e de entidades sociais.