Luis López destaca a importancia de programas como Faro da Escola para resaltar a visión crítica da mocidade e promover o xornalismo entre as novas xeracións

05/06/2024

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, visitou este mércores a sede do xornal Faro de Vigo en Chapela para participar nun acto de recoñecemento ao alumnado que participou ao longo do curso no programa Faro da Escola impulsado por este periódico.

O mandatario provincial puxo en valor a calidade dos traballos dos participantes, felicitou a toda a comunidade educativa polo traballo e deu os parabéns a Faro por dar continuidade a un proxecto que “cultiva o interese polo xornalismo desde os primeiros anos de vida”, destacou o presidente López ao longo dun acto no que imprimiron os xornais redactados polos estudantes e que compartiu, ademais da comunidade educativa, co director do Faro de Vigo, Rogelio Garrido; co director xeral de Prensa Ibérica en Galicia, Juan Carlos da Silva; e co alcalde de Vigo, Abel Caballero

Galerias de imaxes