Jorge Cubela reúnese co director da Banda de Gaitas da Provincia para abordar liñas de colaboración

09/08/2024

Jorge Cubela reúnese co director da Banda de Gaitas da Provincia

O deputado de Cultura da Deputación de Pontevedra, Jorge Cubela, mantivo un encontro co director da Banda de Gaitas da Provincia de Pontevedra, Hipólito Cabezas, co obxectivo de recuperar o diálogo e o recoñecemento que esta agrupación perdera na anterior lexislatura. Desta maneira, o deputado provincial quixo transmitirlle o compromiso de apoio, colaboración e de estreitar lazos polo "moito e bo traballo" que veñen facendo en toda a provincia en prol da música tradicional. Un traballo que continúa a día de hoxe a través da Escola de Gaitas e Percusión, que teñen en Vigo, na que contan con máis de 200 alumnos.