A vicepresidenta da Deputación Luisa Sánchez asiste á “Festa dos Pexegos” de Candeán e remarca o traballo do movemento veciñal na conservación das tradicións

08/09/2024

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu ás coñecidas “Festas dos Pexegos” de Candeán, organizadas en honor á Virxe das Dores. “Comprometinme en xuño coa Irmandade de Candeán a colaborar e participar nestes actos e aquí estou, no nome da Deputación  e como mostra de que cumprimos os compromisos que adquirimos”, asegurou. Tamén aproveitou a ocasión para remarcar o traballo do movemento veciñal, cuxo “esforzo colectivo repercute no mantemento das nosas tradicións, da nosa identidade e da nosa singularidade”. E recordou que a través do programa provincial Culturea a Deputación financiou dúas actuacións que se están a desenvolver no marco dos festexos, a da Banda de Música de Candeán e de Argonat Band.

Galerias de imaxes